Somos un pequeno despacho de arquitectura establecido na cidade de Pontevedra. Desde o ano 2001 adicámonos ao desenvolvemento de proxectos arquitectónicos de pequena e mediana escala, fundamentalmente de promoción privada, así como ao asesoramento a profesionais do ámbito da construción na definición de solucións construtivas e a execución das mesmas.
Especializámonos en obras de rehabilitación e en reparación de edificacións existentes, tanto no entorno urbano como rural, adaptando as solucións que propoñemos ás particularidades de cada situación. Ao longo da nosa experiencia profesional, temos comprobado que o asesoramento técnico aos nosos clientes derivou en resultados cun alto nivel de satisfacción e rendabilidade.
Traballamos sobre modelos 3D porque nos permiten comprobacións sobre un deseño preciso, pero, sobre todo, podemos adiantarnos a situacións que pasan máis desapercibidas cando se traballa unicamente con planos en papel. O noso xeito de traballar e a nosa dimensión permítennos ofrecer como resultado proxectos máis eficientes e económicos para os nosos clientes. Se lle interesa ver algún dos traballos que realizamos, pode visitar a nosa galería.
Gracias por visitar a nosa web.
A nosa experiencia e coñecemento das técnicas tradicionais permítenos intervir nas edificacións existentes mantendo a súa esencia pero acondicionándoas ás máximas esixencias de confort e comodidade actuais.
Para enfrentar con éxito unha reparación dun elemento construtivo aportamos o noso coñecemento técnico e a nosa experiencia na resolución de patoloxías, para prescribir a solución máis axeitada e co mellor equilibrio entre costes e resultados.
Modificamos a tua vivenda ou edificio para mellorar a sua accesibilidade, adaptando as zonas comúns ou os servizos a novas necesidades e demandas ou ás últimas normativas
Se es avogado, administrador de fincas ou construtor, ponte en contacto connosco. Temos solucións especialmente adaptadas para ti.
+34 986 108 125